Manuel Bragado director de Edicións Xerais de Galicia visita os Clubes
26 maio 2008

Co gallo da celebración do Día das Letras Galegas, adicado este ano ó escritor, editor e arqueólogo vigués Xosé María Alvarez Blazquez, o próximo día 3 de Xuño ás 6 da tarde teremos un encontro co Director de Edicións Xerais de Galicia Manuel Bragado, quen nos disertará sobre a figura do escritor homenaxeado e comentará o libro recentemente publicado traducido ó galego “A cidade e os días” Calendário Histórico de Vigo. Este libro xa está distribuído entre os integrantes dos Clubs de Lectura.