BIBLIOVIGO: o blog dos clubs de lectura da Biblioteca Pública Central de Vigo

O blog dos clubs de lectura da Biblioteca Pública Central de Vigo

Procurar:

« AnteriorSeguinte »

Molloy por Isabel Pizarro

29 maio 2008

Eu quería facer un comentario do libro “Molloy” de Samuel Beckett. A indicación que se nos fixo fora relatar algo bo. Cansa de buscar nos meus miolos recurrín ao propio Molloy. El axudoume con iste comentario.

“Estaba eu a piques de rematar a miña derradeira viaxe na procura da miña nai, cando alguén preguntoume si eu atopara algo bo polo meu camiño.

Oes¡ rapaz, ¿Non crees ti que é unha ledicia que eu poda contar a miña vida, na nosa lingua, aos meus paisanos e a todolos que queiran sabela?

Iso é o primeiro, pero ainda hai máis.

Para atopar a miña nai tiven que abandoar todas as miñas pertenzas. A iso axudaronme todalas persoas que eu atopei polo camiño, e canto menos cousas tiña máis lixeiro camiñaba. Ao último da viaxe o mellor é deitarse na terra e rolar por riba dela.

Morán, o policia que andibera na miña busqueda, rematou por facer coma min, deixar todo e buscar a sua nai. El deixou atrás ao seu fillo, a súa casa, todo. Eu penso que el tamén rematou atopando á súa.

Seica, a nai que todos nos buscamos é a mesma, a Nai Terra, é por iso que temos de achegarmos a ela nus coma vimos a estoutra parte, á que coñecemos como a Vida”.

Isabel Pizarro.

Arquivado en Achegas sobre dos libros lidos, Clubs de lectura | | Top Of Page

Comentarios pechados.