BIBLIOVIGO: o blog dos clubs de lectura da Biblioteca Pública Central de Vigo

O blog dos clubs de lectura da Biblioteca Pública Central de Vigo

Search:

« Previous

OS PAZOS DE ULLOA

27 xuño 2008

OS PAZOS DE ULLOA   

          Nesta obra, Emilia Pardo Bazán, preséntanos un mundo de corrupción, no que os criados dominan ós amos botando man dos seus máis baixos instintos. ¿Tiña isto algunha correspondencia realista na Galicia de finais do século XIX? Non semella que así fora. O que parece pretender a autora é, que trata de investigar -ó xeito naturalista de Zola-, nos vicios e costumes da sociedade ó traveso das metáforas máis ca dos retratos. Don Pedro Moscoso, ese vinculeiro ignorante e agreste, que se deixa levar pola ambición dos paisanos, desatendendo a sua autoridade; é a metáfora do home dirixido pola promiscuidade e embrutecemento, botando polo chan as normas da cultura ancestral. Para pór esta metáfora de relieve, Emilia Pardo Bazán usa os recursos ó seu alcance: o sexo, a violencia, a agresividade, etc. que condicionan ós persoaxes. Só existe unha vontade, a do máis forte (neste caso o manipulador Primitivo, que instrumentaliza a todos ós que o rodean, para conseguir a súa ambición).

          Cando Xulián chegou ós Pazos, o primeiro co que se atopou foi cun neno. Un neno ó que o seu pai e o seu avó emborrachan, coa complicidade da súa nai. Xulián, o cura recén chegado, verase desbordado por esta escena, onde vive emporcallado o marqués de Ulloa, xunto cos seus criados.

          Dende a súa chegada ata a súa marcha, o curiña non escatimará esforzos para reformar a vida de don Pedro Moscoso: bárbaro, arruinado, manipulado polo astuto caseiro, Primitivo, pai de Sabel, coa que o marqués ten o seu bartardo, Perucho.

           Xulián confía en que don Pedro se reforme por medio do matrimonio con Nucha, unha señorita dunha distinguida familia de Santiago e símbolo da vella cultura pacega: cristiana, limosneira… Pero fracasa, pois alí ninguén lle fai caso a Nucha cando chega ó Pazo como a señora. Esta acaba enfermando e esmorecendo ata a morte, como unha heroína romántica que é.

          Contra a loita de Nucha e Xulián de civilizar o Pazo, imponse a influencia de Primitivo, Perucho e a salvaxe e voluptuosa Sabel, ata que Nucha entende que ten que marchar, se quere salvar a súa vida e a da súa filla.

          Los Pazos de Ulloa ten, en verdade, un triste final. O bastardo viste con boas ropaxes, mentres a nena, a herdeira, leva os zapatos rotos.

                                                                              Elvira Pontevedra Márquez 

Archived in Achegas sobre dos libros lidos | | Top Of Page

Comments are closed.